
Pazo de Fraián
Estilo: Rexionalista
Datación: data máis antiga 1762
Parroquia: Porto
Coordenadas xeográficas:
43º 25′ 38.3” N / 008º 10′ 38.0” W
Situado na parroquia de Porto, o Pazo de Fraián pertenceu ao morgado dos Pita da Veiga. A datación máis antiga da que se ten constancia é de 1762. Construído en pedra granítica, con pedras de cantería nos recantos e xambas de ventás e portas. Os muros son de mamposto encalado. Conta ademais cun hórreo e unha fonte.